A comisión de seguimento do convenio marco de colaboración entre a Xunta e Galicia e Ecoembes vén de formalizar dita partida para que o propietario da planta de tratamento proceda á licitación dos investimentos comprometidos
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de habilitar unha contía de 600.000 euros para levar a cabo investimentos que incrementen o rendemento da instalación de Nostián, no Concello da Coruña.
Este foi un dos acordos alcanzados no transcurso dunha reunión da comisión de seguimento do Convenio marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, onde se analizaron as inversións necesarias para as melloras da planta de selección, e acordouse darlle traslado aos responsables do Concello da Coruña, para que inicien con celeridade os trámites e actuacións para mellorar o rendemento de ditas instalacións.
Coa formalización desta contía, aportada pola Administración galega, permitirase ao propietario da planta levar a cabo as actuacións necesarias que permitan unha mellora das instalacións e do seu rendemento.
Cómpre lembrar que esta foi unha das principais especificidades introducidas pola Xunta no actual convenio, co que se garante – para o modelo presente na Coruña e no Consorcio das Mariñas- unha inversión de 600.000 euros na mellora da planta de selección de envases que redundará nun incremento superior ao 15% do material recuperado na actualidade e garante que -se os investimentos non acadan o resultado esperado- os ingresos serán garantidos pola Xunta.