Friday 22 de November de 2024

Charla ‘Educando con disciplina positiva’


O Museo do Traxe acollerá durante os dous próximos venres, 3 e 10 de febreiro, a obradoiro ‘Educando con disciplina positiva’. O horario via dende as 18 ata as 20.30 horas e a entrada será de 4 € mentres que para as persoas que posúan o carné amigo da ANPA Campomaior poderán acceder de balde. A encargada de conducir a sesión será Bibiana Infante Cano, psicóloga fundadora de Disciplina Positiva Galicia.

A disciplina positiva ensina a tratar e educar dende o respecto e a igualdade, ofrecendo ferramentas e o apoio necesario para edicar con saúde emocional e aliviar a aliviar a sensación de frustración que invade a pais e nais que non son capaces de controlar o comportamento dos seus fillos. Para máis información pódese consultar a páxina http://disciplinapositivagalicia.com/.