Friday 22 de November de 2024

Tícket eléctrico social 2017


O departamento de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal pon en coñecemento dos seus veciños que o pasado luns 16 de xaneiro, publicouse no DOG o anuncio relativo á concesión de subvencións para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, unha axuda que poden solicitar aquelas unidades de convivencia con menores ou discapacitados (cun grao de discapacidade igual ou maior ao 33%), cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 euros ao ano).
Os gastos subvencionables recollen as facturas de electricidade (IVE incluído), cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo de 2016 e o 30 de xuño de 2017. O prazo para facer as solicitudes está xa aberto e remata o 15 de xullo de 2017.
Para máis información, os interesados, poden consultar os datos da convocatoria na páxina web da Xunta de Galicia (Consellería de Economía, Emprego e Industria), ou dirixirse ás oficinas de Servizos Sociais sitas na rúa Castelao (edificio CAD).