Uns 350 rapaces de ESO e Bacharelato de distintos centros educativos do municipio celebraron esta mañá o Día da Ilustración de Galicia cunha dobre sesión de teatro no Auditorio Municipal de Riveira.
Os alumnos tiveron ocasión de asistir a actuación de Teatro Limiar e a representación de “A lingua na boca”. A obra, con máis de 90 representacións en toda a comunidade autónoma, é un repaso pola biografía de Castelao, cuxo aniversario se celebra neste 30 de xaneiro.
O acto estivo organizado pola Consellería de Educación.