Friday 22 de November de 2024

A OMIX abre a inscrición para as actividades xuvenís do inverno dentro do programa “Enrédate”


Destacan a viaxe a neve, a ruta polos castelos dos Andrade, paintball, e a ruta polos castelos de Bergantiños

O concello vén de facer públicas as actividades xuvenís programadas para o periodo invernal. Este ano como novidade ábrese un prazo de inscrición para apuntarse nas actividades que a omix organiza desde febreiro a Semana Santa. Nas edicións pasadas os prazos publicábanse por actividades e agora fanse por bloques estacionais (Inverno, primaveira, verán e outono).

Neste primeiro bloque de actividades do Inverno as actividades ofertadas serán o “viaxe á neve” (Estación de Candanchú), e no programa “Vente de Marcha” haberá dúas rutas sobre os castelos medievais da Gallaecia: unha polos castelos dos Andrade, e outra polos castelos de Bergantiños. Asemade, dentro do programa “Este Finde Teño Plan”, prográmase unha actividade de Paintball.

O prazo para apuntarse comezará o 30 de xaneiro ao 8 de febreiro, en calquera dos rexistros municipais.

O concelleiro de Xuventude, Ramón Boga, destaca o aumento da participación nas actividades no pasado exercicio coa aposta da nova app de xuventude que ofrece información detallada dos programas aos xóvenes e que este año incorpora melloras para facilitar a inscrición nas actividades mediante a aplicación móbil. “Máis de 1.500 xóvenes teñen descargaron neste primeiro ano a aplicación móbil que da información puntual de cada novo programa e da inscrición polo que continuaremos por este camiño no futuro. Non só temos que facer as actividades que nos reclama a xuventude senon que temos que mellorar a comunicación con eles”