O Concello de Riveira informa do inicio do proceso selectivo para a contratación temporal de doce auxiliares de Policía Local ao longo do 2017.
O prazo para poder tomar parte neste proceso farase mediante instancia que se presentará no Concelo durante un prazo de 10 días naturais. O modelo das instancias está a disposición de todos os interesados na páxina web www.riveira.gal.
É obxecto desta convocatoria a formación dunha listaxe para a contratación laboral temporal, a través do proceso de selección de oposición libre, de auxiliares de Policía Local, que desempeñarán as funcións de apoio e de auxilio ós membros do Corpo da Policía Local, no marco do disposto na lexislación de corpos e forzas de seguridade.
As contratacións iranse realizando ao longo do ano natural 2017, e realizaranse en función das necesidades que teña este municipio en determinados períodos estacionais, coa previsión de 12 auxiliares de Policía Local para o ano 2017.
Esta listaxe terá unha duración máxima dun ano natural, é dicir, soamente estará vixente durante o ano 2017, isto, sen prexuízo de que, en calquera momento, o Concello poida acordar a súa extinción mediante a convocatoria dun novo proceso selectivo.
Duración de seis meses
Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de contrato eventual por circunstancias da produción, previsto no artigo 3 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, e a súa duración será de 6 meses contados a partir da sinatura do mesmo.
Os contratos serán por xornada semanal a tempo completo, que se prestarán en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, en quendas de mañá, tarde ou noite, durante tódolos días da semana, segundo a organización do Servizo, cos descansos semanais que lles correspondan.
De acordo co previsto no artigo 47 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, as probas para a selección de auxiliares contratados polos concellos, son:
A.- Comprobación da estatura e probas de aptitude física.
B.- Proba de coñecementos
C.- Proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local
D.- Coñecemento da lingua galega
As bases poden ser consultadas no BOP de hoxe e na páxina web municipal.
Oposición
Por outra parte, cómpre informar de que na xunta de goberno local celebrada hoxe aprobouse sacar por oposición unha nova praza en propiedade como axente de Policía Local. Nos próximos días serán publicadas asa bases para a convocatoria.