Friday 22 de November de 2024

O equipo alevín feminino de Campo a Través do CEIP Castelao clasifícase para o Campionato Provincial


O equipo alevín feminino da Fase Interzonal de Campo a Través do CEIP ADR Castelao acadaron o primeiro posto por equipos na súa categoría. A proba, englobada dentro do calendario Xogade organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, celebrouse esta pasada fin de semana no circuíto da Alameda de Santiago. Esta vitoria tradúcese na clasificación do equipo de cara ao Campionato Provincial, que se disputará o vindeiro mes na Pobra do Caramiñal. Ademais disto tamén hai que destacar na mesma categoría o terceiro posto individual de Nadia González e o sexto do equipo do Mesón do Vento, ademais do cuarto de Samuel Fariñas na categoría infantil masculino.

Dende o Departamento de Deportes do Concello de Ordes felicitan publicamente tanto aos deportistas como ao cadro de adestramento polos bos resultados obtidos.