Friday 22 de November de 2024

A imaxe de De bo dente 2016 no salón Xantar 2017


O Concello de Ordes preséntase ao concurso de carteis coa obra do concurso de tapas que tivo lugar en xullo de 2016 e realizada por Mutante Creativo

O Concello de Ordes participará no VII Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal, dentro do marco de Xantar 2017. A décimo oitava edición do salón internacional de turismo gastronómico terá lugar en Ourense do 1 ao 5 de febreiro. A obra seleccionada para representar ao Concello será o cartel do concurso de tapas De bo dente, organizado no municipio en xullo do pasado ano. Este traballo foi realizado polo estudio de deseño Mutante Creativo http://www.mutantecreativo.com/es/.

A este certame preséntanse autores, concellos, comisións de festas ou cámaras municipais cuxos carteis serviran de imaxe oficial para algún evento ou cita gastronómica acontecida dende 2016 ata a data do fallo neste 2017.