Friday 22 de November de 2024

Rematada a obra para mellorar a accesibilidade no cemiterio de Santa Uxía


O Concello de Riveira informa da finalización dunha nova obra dirixida a mellorar a accesibilidade no cemiterio municipal de Santa Uxía de Riveira.

A actuación conlevou as seguintes obras:

• Modificación da beirarrúa na zona de entrada ao recinto dende a rúa Cristóbal Colón e construción dunha rampa de acceso fronte o portal do chamado “cemiterio de protestantes”. Neste senso, será necesario retirar o bordillo e baldosa existentes que serán remplazados por 4 bordillos e 1,5 metros cadrados de baldosa de beirarrúas gris sobre mortero de cemento.
• Construción dunha rampla de comunicación interior entre a parte alta e a parte baixa (“cemiterio de protestantes”) no interior do camposanto para permitir a mobilidade entre unha e outra de persoas con diversidade funcional. Terá 5 metros de longo e 1,70 de ancho.
• Pavimentación con formigón armado de varios corredores existentes na parte alta do camposanto.
• Pintado do muro exterior traseiro, incluíndo a reparación de gretas na parte baixa.

Os traballos foron levados a cabo pola empresa Río Sieira, S.L., por un importe de 16.562 euros, IVE incluído.

A actuación afonda no obxectivo do Concello de acadar a accesibilidade nos espazos e edificios públicos de titularidade municipal e dá resposta a unha proposición plenaria aprobada hai una ano pola Corporación.