Friday 22 de November de 2024

Ordes inviste preto de 40.000 € na renovación da súa rede semafórica


As obras prolongaranse durante as vindeiras dúas semanas. Interviranse un total de oito semáforos situados nas interseccións das rúas Galicia, O Recreo e Lagartos coa avenida Alfonso Senra
Deron comezo as obras para a renovación da rede semafórica da avenida Alfonso Senra na vila de Ordes. Concretamente interviranse os oito semáforos situados nas interseccións coas rúas Galicia, O Recreo e Lagartos. O orzamento para esta obra ascende a case 40000 euros en total incluíndo o IVE.
Durante un período de 15 días está previsto que se leven a cabo tarefas de revisión; cambio de ópticas incandescentes por outras tipo led; instalación de novas columnas, pulsadores, cableame e báculos; ademais da substitución de armarios semafóricos. Todo en prol da seguridade dos condutores e peóns que transitan pola vía máis concorrida do municipio con arredor de 11.000 vehículos diarios.
Deste xeito, e tendo en conta que os semáforos que se están a retirar foron instalados na década dos anos 70 do pasado século, o Concello de Ordes satisfai así unha necesidade demandada por moitos veciños, veciñas e condutores e condutoras.