Friday 22 de November de 2024

Elba Carrillo, Sergio Souto, Leo Ávila e María José García gañan o Concurso de Postais de Nadal con Mensaxe do Concello de Oroso


O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, entregou durante a Festa de Reis os premios do tradicional Concurso de Postais de Nadal con Mensaxe do Concello de Oroso. Os gañadores deste ano son Elba Carrillo Mosquera (categoría de 4 a 6 anos), Sergio Souto Seoane (categoría de 7 a 9 anos), Leo Ávila Castro (categoría de 10 a 13 anos) e María José García Rodríguez, que repite o triunfo acadado en 2013 na categoría de maiores de 14 anos, deserta o último ano.

Todos eles levaron como premio un lote de libros e as súas postais serviron para felicitar o Nadal a centos de veciños, pois estiveron dispoñibles a través da páxina web do Concello de Oroso (www.concellooroso.com) dende que se fixo público o fallo do xurado.