O DOG publica hoxe a apertura do proceso. As persoas interesadas terán ata o vindeiro 3 de febreiro para presentar a documentación requirida
Dende a Servizo de Orientación Laboral sa Mancomunidade de Ordes destácase a convocatoria do proceso de avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na Comunidade Autónoma de Galicia. Unha orde do 28 de decembro de 2016 e que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (http://bit.ly/2jyUxhM) por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As persoas interesadas teñen ata o próximo 3 de febreiro para presentar as súas solicitudes, para o que poderán contar co asesoramento dende a área de fomento e promoción de emprego da Mancomunidade de Ordes.
As solicitudes deberán presentarse en papel na secretaría do centro integrado de formación profesional (CIFP) onde se vaia desenvolver o procedemento segundo o recollido na orde. Pódese facer uso da aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion. No caso de enviarse por correo o envío da solicitude deberá ser certificado, co selo de Correos no encabezamento da primeira folla do formulario e achegando copia compulsada da documentación.