A agrupación de baile e música tradicional Tahume vai ofrecer esta fin de semana unha actuación moi especial para poñer remate definitivamente ás datas navideñas. A asociación radicada en Olveira decidiu dar “unha volta de torca” ao festival de todos os anos conferíndolle un cariz máis teatral á súa actuación.
Para falar da acción estivo hoxe no Consistorio o director do grupo, Fran Sieira, xunto ao concelleiro Emilio Pérez Outeiral, quen destacou a contribución desta entidade ao impulso da música tradicional dende a súa fundación no ano 1987.
Entre 30 e 40 participantes
O festival terá lugar o sábado 14 de xaneiro ás 19 horas no Auditorio e levará por título “Unha Historia do Nadal”. Durará noventa minutos e permitirá que se suban ao escenario entre 30 e 40 membros da agrupación.
Segundo explicou Sieira, o baile e a música habituais do espectáculo estarán entretecidos con ritos, mitos, costumes e historias que os integrantes de Tahume teñen escoitado e recompilado durante estas décadas e que serán escenificados a partir dos contos que unha avoa conta ao seu neto.
A entrada será de balde ata esgotar o aforo.