Ata o día 23 de xaneiro permanecerá aberto o prazo de preinscrición na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña para a rapazada de entre 10 e 15 anos. Irán á estación leonesa de Leitariegos a primeiros de marzo por un prezo de 95€ con todo incluído. O Concello de Fene ten asignadas 8 prazas e para optar a unha delas será necesario apuntarse nas oficinas do departamento de Deportes, situadas na avenida Naturais de Fene 44 entrechán. Se houbese máis peticións que prazas dispoñibles farase un sorteo público no salón de plenos.
Para participar na “Campaña de esquí 2017” da Deputación da Coruña cómpre ter nacido entre o ano 2002 e o ano 2006, ambos incluídos. Como novidade este ano terán preferencia os rapaces e rapazas que non fosen a ningunha campaña da neve organizada polo ente provincial.
Este programa de lecer chega a todos os municipios da provincia, de maneira que as estadías se organizan en quendas. A Fene correspóndelle a segunda, do 5 ao 10 de marzo de 2017.
Cinco días en que a rapazada disfrutará de todo o que ofrece a estación leonesa de Leitariegos. A Deputación faise cargo do transporte desde os puntos de recollida nas cabeceiras de comarca, da estadía en pensión completa, do monitorado, das clases de esquí, dos seguros, do alugamento de material, dos remontes na estación e doutras actividades complementarias.
Fene ten asignados 8 sitios para esta viaxe á neve. Por iso todas as rapazas e rapaces interesados en participar deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais do departamento de Deportes, na Avenida Naturais de Fene, nº 44, entrechán. Se se reciben máis solicitudes que prazas farase un sorteo público no salón de plenos perante a secretaria municipal.
O prezo por participante é de 95€, que só deberán pagarse no momento en que se reciba a confirmación da praza por parte do Concello.
A data límite para efectuar a preinscripción no Departamento de Deportes é o 23 de xaneiro de 2016.