Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Riveira foi incluído na campaña de Esquí 2017, que organiza a Deputación da Coruña, adxudicándoselle 12 prazas


A actividade realizarase na estación de invernal de Leitariegos (Asturias) do 12 ao 17 de marzo de 2017. Está dirixida a rapaces/as nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006.

O prezo é de 95 euros, onde se inclúe desprazamento, estancia, manutención , monitores, clases Esquí, seguros e aluguer de material.

Os interesados en participar deberán facelo ata o 23 de xaneiro, na oficina de deportes (Complexo A Fieiteira).

En caso de que os inscritos superen o número de prazas adxudicadas realizarase un sorteo público, o día 24 de xaneiro ás 13.00 horas, no salón de plenos do Concello.