Case 40 tiradores tomaron parte neste campionato que se disputou ao longo do 2016, o segundo sábado de cada mes
O vindeiro sábado 14 de xaneiro, a partir delas 20.00 h, terá lugar a entrega dos premios da XIV Copa de Tiro Olímpico Concello de Carral. Este evento deportivo, disputouse ao longo do ano 2016 (o segundo sábado de cada mes entre as 16.00 h e as 19.00 h), organizado polo Club de Tiro Olímpico de a localidade en colaboración do Concello de Carral. Nesta XIV edición, participaron 38 tiradores de toda a provincia divididos en 10 categorías diferentes, que abarcan todas as idades e ambos os xéneros.
O pasado 10 de decembro disputouse a duodécima e última xornada da edición 2016, que arroxou estes resultados:
Modalidade de pistola precisión:
– VETERANOS, o campión foi Manuel Méndez Vázquez (Club Carral)
– SÉNIOR, foi David Isaac Igrexas Mosquera (Club O Castro · Narón)
– CADETES, o mellor foi Brais Canto Castañal (Club San Froilán · Lugo)
– VETERANAS, a campioa foi Mª Cruz Ares Varela (Club Carral)
– DAMAS, a campioa foi Yolanda Rodríguez Fidalgo (Club San Froilán · Lugo)
Modalidade de pistola estándar:
– VETERANOS, o título recaeu sobre José Manuel Álvarez Suárez (Club Carral).
– SÉNIOR, o gañador foi Jorge Sánchez Álvarez (Club O Castro · Narón).
– VETERANAS, a campioa foi Mª Cruz Ares Varela (Club Carral).
– DAMAS, a campioa foi Yolanda Rodríguez Fidalgo (Club San Froilán · Lugo).
Modalidade de Carabina: Aquí só unha categoría.
– SÉNIOR, Jesús García Parada (Club Laracha) foi o gañador.
O acto de entrega de diplomas, medallas e trofeos desta edición terá lugar en a festa de inauguración da XV Copa de Tiro Olímpico Concello de Carral, que se disputará ao longo deste ano
2017 e na que xa están inscritos 43 tiradores, aumentando o número respecto da edición que termina.