Tivo lugar no auditorio da casa da cultura a primeira cita musical do ano na vila de Ordes. O Festival de Ano Novo ofrecido polos nenos e nenas da Escola Municipal de Música congregou a centos de persoas no auditorio da Casa da Cultura. Veciños, veciñas, familiares e amigos puideron ver o talento dos máis de 100 participantes que subiron ao escenario, que deixaron patente que o futuro musical da vila está salvagardado. Cada unha e un deles forman parte dos distintos grupos da escola; Música en movemento, piano, guitarra, percusión, combo-rock, ademais da Banda Xuvenil e da Big Band Jazz. Entre os que desfrutaron desta mañá tan musical, que superou a hora de duración, non faltaron o alcalde de Ordes e a concelleira de Medio Ambiente, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira.
Articulos relacionados
O Consorcio Provincial da Coruña aproba unha modificación de crédito cun importe superior a oito millóns de euros para a mellora de materiais e equipo
julio 11, 2024 Comments are off 0 visitas
• A inversión suporá a renovación de instalacións, mobiliario e equipamento nos parques provinciais comarcais, ...
Este domingo, espectáculo cos Axóuxeres para os cativos no Lustres Rivas de Riveira
octubre 21, 2015 Comments are off 986 visitas
O Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira vai dar cabida este domingo 25 de outubro, ...
O II Premio 8 de marzo recae nas mans de Cáritas polo seu labor “desinteresado” para axudar ás persoas que máis o precisan
marzo 8, 2022 Comments are off 0 visitas
Coincidindo co Día Internacional da Muller, o Concello fixo entrega deste galardón, que se outorga ...
