José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, acompañado por varios membros de seu equipo de Goberno, visitou ás persoas maiores da residencia municipal. Unha visita na que ademais de felicitarlles o novo ano tamén compartiron un rato de festa con todas e todos eles, ademais de agasallos e dunha misa previa. A nota musical foi do máis tradicional grazas á Asociación Camiño Real de Poulo e ás panereteiras de Somos Nós, que non pararon de interpretara temas ben coñecidos, panxoliñas e cantos de Reis.