Monday 25 de November de 2024

O concello promove unha actuación de pavimentación no patio exterior do colexio O Grupo de Santa Uxía de Riveira


Aproveitando ás vacacións de Nadal o Concello vén de contratar unha actuación dirixida a mellorar a pavimentación do patio exterior do colexio O Grupo, na cidade de Riveira.

Concretamente, a obra –que era unha inquedanza trasladada pola comunidade educativa do centro- consiste no formigonado da zona que rodea á pista deportiva, que estaba en terra. A superficie obxecto da mesma abrangue 570 metros cadrados e o prezo supera os 14.000 euros.

Alcorques
A empresa Construcciones Anspal está sendo a encargada desta actuación, que incluirá tamén a instalación de alcorques nos que se plantarán árbores ornamentais que proporcionen sombra no recinto exterior.