O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, entregou fai un días na Casa da Cultura de Touro os premios aos gañadores do XI Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’. O rexedor agradeceu a numerosa participación e destacó a calidade das obras fotográficas participantes na convocatoria. A categoría xuvenil-natureza foi para Laura López Cea, coa obra Bágoas de autono. O resto dos gañadores foron: José López, (Premio Patrimonio Histórico-Cultural), con Remesquide; Alejadra Cea Cordero (Premio Natureza), con Brétema; e Ana María García Turnes (Premio Tema Libre) con A bubela. O Concello de Touro pódense organizará unha exposición coas obras premiadas e tamén o resto de obras participantes no concurso de fotografía que este ano cumpliu o seu duodécimo aniversario. O alcalde animou aos participantes a volver a presentarse nas próximas edicións dun concurso xa consolidado.