Saturday 28 de September de 2024

Corenta veciños e veciñas de Frades gozaron dunha xornada de cine e birlos en Marineda City


Corenta veciños e veciñas, na súa maior parte nenos e nenas, participaron nunha saída á cidade da Coruña programada polo Concello de Frades dentro do seu Programa de Nadal. Unha xornada na que os veciños se desprazaron ata o centro comercial Marineda City, onde xantaron e pasaron o día de compras, xogando aos birlos e asistindo á proxección dunha película.