Friday 22 de November de 2024

Os alumnos do obradoiro da OMIX de de Primeiros auxilios reciben os seus diplomas


Rematou o obradoiro de Primeiros Auxilios Básicos, organizado pola Omix, que está enmarcado no programa de emanciopación TRANS-FÓRMATE. Os alumnos recibiron os diplomas acreditativos da superación do curso.
Unha vintena de mozos de entre 16 e 30 anos participaron nunha actividad que falará das técnicas de RCP, lesións mais comúns nunha vivenda, manipulación de feridos, sinalizar o lugar dun accidente, como chamar a urgencias (CAE 112), o botiquín na casa, manexo de extintores, o Servizo de Emerxencias de Cambre, etc…
O Obradoiro de Primeiros Auxilios tivo moi boa acollida por parte dos xóvenes e está enmarcado nos Obradoiros de Emancipación, que tratan de dotar de coñecementos aos xóvenes nos seus primeiros pasos de cara á emancipación. Este ano a OMIX deu obradoiros de cociña, pintura ou electricidade.
A Mutua Gallega colaborou co obradoiro de Primeiros Auxilios entregando vinte botiquíns entre aos participantes.