Friday 22 de November de 2024

O local social de Cruído (Lousame) acollerá este mércores o I Torneo de Nadal de Xadrez


O local social de Cruído (Lousame) acollerá este mércores 28 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas, a primeira edición do Torneo de Nadal de Xadrez, organizado polo profesor de Xadrez do Cpi Cernadas de Castro, Alberto Dios, en colaboración co Concello de Lousame. A participación é totalmente libre e de balde, sendo preciso anotarse no teléfono 633 447 674.

As inscricións estarán abertas ata as dez da mañá do propio mércores 28 de decembro. O torneo esta aberto a todas as idades, a partir dos seis anos. Así mesmo, haberá trofeos para o primeiro clasificado das categorías sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e absoluto.