Saturday 16 de November de 2024

O último día de ano haberá unha xornada de portas abertas no Complexo da Fieiteira


Uso libre da piscina e da sala de musculación e cardio na mañá
O sábado 31 de decembro en horario de mañá o Complexo Polideportivo da Fieiteira dará cabida a unha xornada de portas abertas na que os asistentes poderán facer uso libre da zona de piscina e sala de musculación e cardio.

Durante toda a mañá celebraranse diversas actividades dirixidas, tanto de seco como de auga. Os interesados deberán apuntarse na recepción do complexo.

Renovación de aparatos
Por outra parte, cómpre informar de que esta mesma semana se procedeu a renovar o material de cardio (7 cintas, 3 bicicletas horizontais, 3 verticais, 3 elípticas e 20 bicicletas de spinnig, así como renovación de las mancornas), ademais de completarse o material de musculación con dúas novas máquinas: un contractor pectoral e una prensa de discos.

A adquisición destes elementos fíxose por sistema de renting, garantía total, a catro anos.