Un total de 25 alumnos e alumnas remataron na noite de onte o primeiro dos obradoiros de cociña e repostería de Nadal de Riveira e como vén sendo tradicional recolleron os seus diplomas conmemorativos de mans dun edil municipal: neste caso, Victor Reiriz Lampón.
Este showcooking / obradoiro estivo sendo impartido nas aulas formativas da rúa Cristóbal Colón pola profesora Carmen Vidal. Hoxe e mañá celebrarase un segundo taller con novo alumnado, de 18.30 a 21 horas.