O Concello de Riveira está a realizar unha actuación dirixida á instalación de pluviais e ampliación da calzada a través da pavimentación dos sobreanchos dunha vía localizada no lugar de Laxes, na parroquia de Carreira.
Canarga está sendo a entidade encargada de realizar a obra, cuxo orzamento ascende a 17.811 euros.
En virtude desta actuación, estase a instalar dúas tubaxes de PVC corrugado SN8 de 315 metros de diámetro, con 81 e 57 metros de longo, respectivamente (138 en total), ademais de 7 arquetas sumidoiro e 5 pozos de rexistro.
En canto á pavimentación, ampliarase a calzada nunha superficie total de 492 metros cadrados.