Aquafit Xestión SL, empresa concesionaria da piscina municipal de Brión, e o Concello de Brión organizan un Maratón de Baile Solidario, que terá lugar no pavillón municipal de Brión mañá sábado 17 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas. Unha iniciativa organizada para recoller alimentos cos que colaborar coa campaña especial de Nadal de Brión Solidario, que busca recoller alimentos para as familias máis vulnerables do municipio. Para participar neste maratón de baile non é necesario anotarse, só é preciso achegar algún tipo de alimento non perecedoiro e correctamente empaquetados, que nesta ocasión céntranse especialmente en: produtos de hixiene, azucre, cacao e galletas.
Articulos relacionados
A Axenda Cultural de xuño vén repleta de música e maxia, coa presentación do libro-documental de Kepa Junkera como prato forte
junio 2, 2023 Comments are off 0 visitas
• Celebrarase tamén unha coferencia sobre as investigacións dos cultivos da mazá e as variedades ...
Tania Méndez e José López, gañadores do XV Concurso Fotográfico Touro en Imaxes
diciembre 4, 2020 Comments are off 25 visitas
Tania Méndez Fuentes e José López Pérez son os gañadores do XV Concurso Fotográfico Touro ...
Paderne destinará preto de 100.000 euros a mellorar as escolas unitarias infantís
septiembre 13, 2023 Comments are off 0 visitas
▪ Ambas as intervencións estarán financiadas a través de fondos prol-pios do Concello ▪ O ...
