Friday 22 de November de 2024

Os alumnos da Aula Galega de Saxofón ofrecerán dous concertos esta fin de semana no Conservatorio de Riveira


Para completar aínda máis a oferta musical destes próximos días en Riveira o Conservatorio Municipal organiza para mañá venres 16 e o sábado 17 un novo encontro da Aula Galega de Saxofón.

Con tal motivo, haberá dous concertos abertos ao público por parte dos 16 alumnos. O primeiro deles será o venres ás 20.45 e o segundo o sábado ás 18.15.

Nesta ocasión os alumnos da Aula estarán acompañados polo prestixioso pianista Mario Molina Gómez e, como é habitual, o profesor invitado de saxofón será o galego, afincado tamén nas Illas Baleares, Rodrigo Vila, que acaba de chegar esta semana do Xapón onde impartiu unha serie de masterclass e concertos.