Saturday 16 de November de 2024

Centos de estudantes disfrutan da dobre función teatral no Auditorio de Riveira


Centos de alumnos do municipio disfrutaron das representacións teatrais ofrecidas pola Depuración coa colaboración do Concello.

A primeira delas celebrouse ás 10 horas e levou por título “O Conto de Barriga Verde”: unha función teatral con monicreques baseada en textos de Manuel María que terá a Tareixa Campos de directora e a Fran Rei de actor. Asistiron nenos do CEP de Carreira, CEIP O Grupo, CPR Bayón; CPR Galaxia, CPR A Milagrosa e CPR Sagrado Corazón.

E as 12 do mediodía púxose en escena Retrincos, baseada na obra de Castelao, con dirección de Diego Rey e interpretacións de Fran Rei e Isabel Risco. Acudiron estudantes do CIFP Coroso, CPR Bayón, CPR A Milagrosa e CPR Galaxia.

Estas actividade forma parte das propostas de dinamización cultural da Deputación da Coruña, baseadas nas efemérides anuais máis salientables, como é o Día das Letras Galegas.