Será este sábado dentro do programa de Nadal do Concello
A Igrexa Parroquial de Santa Uxía vai ser escenario este sábado 17 ás 20.30 horas dun espectacular concerto a cargo da orquestra e coro GAOS e do Coro Universitario de Sevilla que está incardinado na programación de Nadal.
Actuarán preto de 150 persoas nun espectáculo en directo que terá unha duración de 90 minutos e levará por título “Brujas, magia y fantasía”.
O programa inclúe pezas tan fermosas como “A primeira noite de Walpurgis” de Mendelsshohn e unha selección de panxoliñas arranxados por Albert Ginovart e Hugo Paradela.
A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.