Thursday 21 de November de 2024

Aprender a aforrar no recibo da luz


Veciños e veciñas de Ordes xa saben como aforrar no recibo da luz e analizar os datos que nel aparecen de maneira correcta. E todo grazas á charla que baixo o título ‘Dálle luz á túa factura’ se ofreceu na tarde de onte na Casa da Cultura. Entre as persoas asistentes non faltou a concelleira de Medio Ambiente, Ana Soneira. Nesta iniciativa participan a Xunta de Galicia, INEGA e o Instituto Galego de Consumo.