Saturday 16 de November de 2024

Programa Nadal Cambre


As aventuras do Apalpador:
O Concello de Cambre, por segundo ano consecutivo, organiza a visita do Apalpador por todas as parroquias. Comezará o seu recorrido o 17 de decembro, ás 16.30 h no Local Social do Souto en Sigrás e ás 18.00 h no Local Social de San Lourenzo.
Nesta ocasión amosaralles a grandes e pequenos todas as dificultades polas que tivo que pasar dende que saíu do Courel ata que chegou a Cambre.
O obxectivo de este programa e recuperar e poñer en valor o patrimonio inmaterial galego e amosar a diversidade presente en cada unha das culturas do Estado . O Apalpador forma parte dun grupo de seres míticos : O L’Anguleru asturiano, o Olentzero do País Vasco, o Tió procedente de terras aragonesas e cataláns e O Tientapanzas procedente de Ecija.
Todos eles gardan características comúns, posto que teñen un aspecto groso, lévanlle agasallos e productos típicos do seu lugar de orixe aos nenos e nenas. Ademais reparten ledicia e ilusión dende unha perspectiva lonxe do consumismo. A personaxe galega encarna valores como a educación medio ambiental e consumo sostible.

-Cantos de Reis

O Coro Arumes da Fraga da Fundación Wenceslao Fernández Flórez recreará a tradición dos Cantos de Reis o vindeiro domingo 18 de decembro, a partir das 19.30 h no Centro Sociocultural do Graxal.
Os Cantos de Reis son una tradición, moi popular en algúns lugares de Galicia. Ata non fai moito tempo os veciños e veciñas organizábanse a noite do 5 de xaneiro para irlle cantar ao resto das casas da parroquia.
Esta actividade mestura a interpretación das pezas musicais, que narran o nacemento do neno Xesús con doses de humor. Os actores e actrices, pertencentes aos grupos de teatro da Fundación Wenceslo Fernández Flórez, parodiaran as persoas reciben nas súas casas aos músicos