As contas aprobáronse cos votos a prol do goberno local (UxC, BNG e PSOE), a abstención de ACDC, Ciudadanos e edil non adscrito, e os votos en contra do Partido Popular
A Corporación Municipal de Cambre aprobou hoxe en pleno extraordinario os orzamentos de 2017 por primeira vez en décadas. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, sinalou que é un orzamento xeral que está equilibrado en gastos e ingresos, sendo o seu importe de 16.617.004,18 € o que representa, en termos xerais, un aumento dun 2,34% % respecto do orzamento do exercicio 2016.
As contas aprobáronse cos votos a prol do goberno local (UxC, BNG e PSOE), a abstención de ACDC, Ciudadanos e edil non adscrito, e os votos en contra do Partido Popular. O alcalde agradeceu publicamente a todos os veciños que participaron na campaña de recollida de propostas, ás asociacións de veciños, ás de empresarios, ás entidades sen ánimo de lucro, e aos partidos políticos que tamén colaboraron coa iniciativa.
Por outra banda, apróbase o punto número 2 da orde do día do pleno extraordinario que aborda a Relación de Postos de Traballo.
O goberno local (UxC, BNG e PSOE) votaron a prol. PP, Ciudadanos e edil non adscrito abstivéronse e ACDC votou en contra. Neste senso, debatiron o un novo posto eventual para o área de Cultura.
Lembrou que este ano levou a cabo unha campaña de participación na que as propostas de asociacións e veciños foron decisivas. “Por primeira vez fixeronse uns orzamentos 100 % participativos. Demos un paso mais para que fosen os veciños os que decidiran as inversions, xa que no primeiro ano falouse coas asociacións e cos grupos da Corporación, pero fomos mais alo e puxemos en marcha a campaña decidamolo xuntos que recibiu 293 propostas de inversión e 626 propostas de mellora, arranxo ou queixas dos servizos. Participaron 360 veciños y 13 asociacions de veciños fixeron chegar as súas propostas
Por outra banda, a diferenza doutros anos, o orzamento do 2017 contempla unha serie de actuacións en todas as parroquias do municipio. “Este documento non da a espalda a ningunha das nosas parroquias porque entendemos que invertindo nelas invertimos en calidade de vida para os veciños”.
No capítulo de inversións priorizamos as demandas en canto a inversión que nos achegaron os veciños a través da campaña de recollida de propostas. O seu importe é de 2.022.083,75 €, o que supón un 12,17% do orzamento. Aumenta nun 6,59% respecto o exercicio anterior.
A novidade neste capitulo foi a creación do programa “decidámolo xuntos” no que ademais de escoitar as aportacións dos grupos municipais e asociacións, por primeira vez no concello de cambre abriuse este capítulo ás propostas dos veciños. Neste capítulo aparecen consignados os créditos que irán adicados á realización dos investimentos que aparecen detallados no anexo de investimentos que se acompaña.
CON AXENTES FINANCIADORES EXTERNOS: IMPORTE
Acondicionamento aparcadoiro na Barcala 60.000,00
Pavimentación nas parroquias de Cambre, Bribes e outras 257.771,01
Saneamento na parroquia de O Graxal, Cecebre e outros 114.741,71
Alumeado nas parroquias de O Graxal e outros 68.971,27
Novo parque na parroquia de Cela e actuación na súa contorna 30.000,00
Reformas do parque infantil Francisco Rodriguez. (Foaya) 35.000,00
Auditorio de Cambre. Primeira anualidade. 450.000,00
Reforma de parque e reforma da pista polideportiva da Barcala 140.000,00
Nova pista multideporte no parque Ramón Barba. Temple 30.000,00
Rede Ciclista da Área Metropolitana da Coruña. Concello de Cambre 218.599,76
Reposición dos paneis informativos na parroquia do Temple 30.000,00
TOTAL 1.435.083,75
Tamén lembrou as outras inversións que se pretenden financiar mediante un expediente de novación de préstamo que se elevará ó pleno no primeiro trimestre de 2017:
Inversión en local social Meixigo. segunda fase. 30.000 €
Inversión local Sigrás 30.000 €
Áreas recreativas e parques biosaludables rio mero 60.000 €
GASTO CORRENTE
O gasto corrente ascende a 7.047.384,97 €, o que en termos porcentuais supón o 42,42%. Auméntase con respecto ó orzamento 2016 en un 6,54 %. Este importe ven xustificado polas necesidades do concello na licitación de contratos xa efectuadas coma axuda no fogar asi como alguns a afrontar este ano coma limpeza viaria.
Prodúcese un aumento en gastos de proxectos e planificación co obxeto de presentar proxextos integrais de abastecimiento, saneamiento, asfaltados e alumeados.
Realizaranse proxectos de mellora da seguridade viaria para Cecebre (de Quintán o Apeadeiro) ademáis dos que xa están en marcha como A Casilla e A Xira.
Tamen invertir nun plan de movilidade e unha valoración do ciclo da auga.
Auméntase as partidas de servizos sociais con novas actuación coma o Programa Prisma ou o Concilia Tarde.