Ovidio Rodeiro reuníuse con Martínez Sanjurjo para abordar, entre outros temas, o arranxo da estrada de Mercurín, a construción dun albergue de peregrinos no Camiño Inglés e a do centro social
O delegado provincial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, reuniuse co alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, para tratar a evolución de distintos proxectos levados a cobo conxuntamente entre ambas administracións. Un encontro que tivo lugar no salón de plenos do Concello e do que tamén participaron as edís de Educación e Medio Ambiente, Susana García e Ana Soneira.
Entre outros asuntos ambos representantes trataron aspectos relacionados coas obras de arranxo da estrada de Mercurín, a cal leva con cargo á Xunta de Galicia un importe de 2,3 millóns de euros, e cuxa titularidade foi asumida de maneira efectiva o pasado novembro. Según o previsto os traballos executaranse ao longo do vindeiro ano e centraranse na ampliación da plataforma ata acadar un ancho de 9 metros, ademais de intervencións nas principais interseccións con pequenos carrís de aceleración e desaceleración, semiglorietas e a construción dunha glorieta no acceso ao complexo medioambiental de SOGAMA. Concretamente traballarase nun tramo que supera os 7 quilómetros, os cales se sitúan dende a entrada do polígono industrial de Merelle (Ordes) ata a área de Bailía.
Ovidio Rodeiro salientou tamén os máis de dous millóns de euros que a Consellería de Medio Rural destina a investimentos no concello de Ordes, con especial incidencia na partida de 1.861.000 euros dedicados ás infraestruturas relacionadas co desenvolvemento e adaptación da agricultura. Dentro destas actuacións están enmarcadas as que van financiadas con cargo aos fondos FEADER.
Camiño Inglés
Tamén se abordou a construción do albergue de peregrinos na antiga casa reitoral de Poulo, situada a carón do Camiño Inglés, e para a que a Xunta aporta 350.000 euros de maneira inicial. Grazas ao convenio asinado entre o Concello de Ordes e o Arcebispado de Santiago a xestión deste inmoble de 182 metros cuadrados e da finca de case media hectárea pasará a mans do ente municipal por un período de 30 anos. Por outra banda o rexedor ordense explicou o proxecto de construción do centro social polivalente ‘Isabel Zendal’ de cara ao vindeiro 2018, cuxas obras iniciaranse xa a partir do vindeiro ano e que contarán cunha aportación de 300.000 euros por parte da Xunta.
Ademais destes acordos xa cerrados entre a administración local e o Goberno Autonómico, Martínez Sanjurjo solicitou apoio para poder levar a cabo a reconstrución da ponte de Lesta. Neste aspecto informou sobre as anomalías que presenta a ponte Pereira, recentemente reconstruída e financiada pola Consellería de Medio Rural, e que agarda se poidan resolver en canto se reduzan a posibilidades de chuvia propias do inverno.
Á Consellería de Medio Ambiente demandou financiamento para levar a cabo as obras na rede de saneamento para a zona da Pedreira, na parroquia de Lesta. Tamén se falou da necesidade de renovar o saneamento e o sistema de pluviais da rúa Alfonso Senra, concretamente do tramo que vai dende a súa entrada cara A Coruña ata as rúas Mundito e Compostela, a ambos lados. En total calcúlase que o investimento acadaría os 550.000 € aproximadamente.
Desbroces
O alcalde de Ordes inistiu na necesidade de axudas para desbrozar a rede de camiños, así como a de aumentar o parque móvil municipal cun tractor e cunha desbrozadora para poder traballar nas áreas rurais especialmente. Incidiu tamén na importancia de arrancar canto antes cos trámites para levar a cabo a concentración parcelaria na parroquia de Poulo, para evitar o retraso que suporía facelo a posteriori da entrada en vigor da nova normativa. Seguindo co capítulo das dotacións estas tamén se demandaron para os corpos da Policía Local e de Protección Civil. Melloras para o transporte metropolitano, a posta en marcha do centro de emprendedores no inmoble do antigo centro comarcal, ou os novos equipamentos para a cidade deportiva Vista Alegre, foron outros dos puntos dos que Ovido Rodeiro tomou boa nota.
Sumado a todo isto hai que engadir outros dous proxectos que o delegado provincial valorou moi positivamente para Ordes. Por un lado a conexión da AC-413 coa N-550, o que daría continuidade á estada de Carballo ata a autopista AP9. Un novo vial que solucionaría de xeito permanente o tránsito de tráfico pesado polo casco urbano e as molestias que esto acarrea para a veciñanza, sobre todo por parte dos camións que se dirixen á planta de tratamento de residuos situada en Cerceda. Por outra banda barallouse a posibilidade de construír un parque infantil cuberto, idea que foi moi ben recibida por Rodeiro e que valorou moi positivamente “debido ás condicións meteorolóxicas que aquí se dan”, manifestou.