A concelleira de Banestar Social do Concello de Ordes, Susana García, clausurou o curso de atención sociosanitaria para persoas dependentes no fogar. Dende o pasado mes de xullo este curso estábase a impartir nas instalacións situadas en Mesón do Vento, na aula especialmente adaptada para este tipo de iniciativas formativas. Susana García fixo entrega dos diplomas a tosas as participantes, as cales recibiron un total de 628 horas de formación teórica e 120 horas de prácticas en empresas e residencias. Ademais de felicitar ás alumnas polo traballo feito, a edil ordense lembroulles a posibilidade de facer uso do servizo de orientación laboral e da oficina de emprego do Concello de Ordes.