Saturday 16 de November de 2024

Nadal Cultural 2016/2017


OBRADOIROS TEMÁTICOS

SHOWCOOKING; OBRADOIROS DE COCIÑA E REPOSTERÍA DE NADAL

Lugar: Aulas de Servizos Sociais (R/ Cristóbal Colón).
Dous cursiños gastronómicos diferentes a celebrar os días:
• Luns 19 e martes 20 de decembro.
• Mércores 21 e xoves 22 de decembro.
Horario: De 18:30 a 21:00 h.

De 16 anos en diante, máx. 25 persoas por cursiño.

Nota: Priorizaranse participantes distintos por xornada en función da orde de inscrición ata cubrir as 50 prazas ofertadas (25 por cursiño).

OBRADOIRO DE ARTE FLORAL E DECORACIÓN DE NADAL

Lugar: Aulas de Servizos Sociais (R/ Cristóbal Colón).
Datas: 19, 20, 21 e 22 de decembro.
Horario: De 18:00 a 20:30 h.

De 16 anos en diante, mín. 12 e máx. 25 persoas.

OBRADOIRO DE INICIACIÓN ÁS ARTES PLÁSTICAS: REALIZACIÓN DE CABEZUDOS-CARTÓN PEDRA

Lugar: Auditorio de Riveira (sala alta).
Datas: 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro – 2, 3 e 4 de xaneiro.
Horario: De 16:00 a 19:00 h.

A partir de 15 anos, mín. 10 e máx. 20 persoas.

OBRADOIRO INFANTIL DE INICIACIÓN Á ESCULTURA

Lugar: Auditorio de Riveira (sala alta).
Datas: 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro – 2, 3, 4 e 5 de xaneiro
Horario: De 11:30 a 13:30 h.

De 9 a 14 anos, mín. 10 e máx 20 persoas.
Período único de Preinscrición para os Obradoiros:
Do 12 ao 15 de decembro de 2016.
Cubrindo o Formulario ON-LINE da páxina web oficial do Concello de Riveira, a partir do luns 12 de decembro ás 10:30 h ata as 23:59 h do 15 de decembro ou no C.C. Lustres Rivas de Riveira de 10:30 a 13:30 h.

Orden de prioridade:
1. Persoas empadroadas en Riveira.
2. Orde de inscrición.

* Listaxe de Admisión o 16 de decembro na web municipal e no C.C. Lustres Rivas.

CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN DO NADAL CULTURAL

• NADAL CONCILIA (RIVEIRA):

Lugar: Conservatorio Municipal de Riveira.
Datas: 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro – 2, 3, 4 e 5 de xaneiro.
Horario: De 09:00 a 14:00 h.

* Nenos/as nados de 2008 a 2013 (ambos incluidos), ata 120 participantes en 4 grupos.

• NADAL XOGO (PARROQUIAS):

– Aguiño, Castiñeiras e Carreira, lugar a determinar onde máis nenos se xunten.
– Corrubedo, Olveira, Artes e Oleiros, lugar a determinar onde máis nenos se xunten.
Datas: 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro – 2, 3, 4 e 5 de xaneiro.
Horario: De 09:00 a 14:00 h.

* Nenos/as nados de 2008 a 2012 (ambos incluidos), ata 60 participantes en 2 agrupamentos parroquiais dun máximo de 30 participantes.

Período único de Preinscrición para Campamentos de Conciliación do Nadal:
Do 2 ao 11 de decembro de 2016.
Cubrindo o Formulario ON-LINE da páxina web oficial do Concello de Riveira, a partir do venres 2 de decembro ás 10:30 h ata as 23:59 h do 11 de decembro:

www.riveira.gal

Ou no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira,
de 10:00 a 13:30 e de 19:00 a 21:00 h, de luns a venres.
Información: 981 835650 – culturaefestexos@riveira.com

* NORMAS DE ADMISIÓN DOS CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN DO NADAL CULTURAL DE RIVEIRA 2016/2017 aprobadas en XGL do 01/12/2016
e publicadas en www.riveira.gal
A orde de prioridade na admisión que se seguirá en caso de exceder as prazas ofertadas será a especificada nas Normas de Admisión.

Listaxes e admisión: O día 19 de decembro publicarase na web municipal a listaxe provisional e o 21 de decembro a definitiva e os lugares e grupos aos que deberán dirixirse.
O prazo de formalización da matrícula será do 22 ao 26 de decembro.
• * Reservarase un 10 % das prazas para emerxencia social!
PROGRAMACIÓN

TEATRO, MÚSICA, DANZA e ACTOS DO TECIDO SOCIAL

Festival de música e baile tradicional BAILADELA.
Auditorio Municipal.
Domingo 11 de decembro, ás 19:00 h.

Gala da Irmandade.
Auditorio Municipal.
Venres 16 de decembro, ás 21:00 h.
Patrocina DAC da Deputación da Coruña.

Concerto do Coro e Orquestra GAOS.
e do Coro Universitario de Sevilla.
Igrexa Parroquial de Santa Uxía de Riveira.
Sábado 17 de decembro, ás 20:30 h.

Festival de Nadal de Alfaia.
Auditorio Municipal.
Domingo 18 de decembro, ás 19:00 h.

Teatro: “O fillo que quero” do Grupo Artellar de AMBAR.
Auditorio Municipal.
Xoves 22 de decembro, ás 21:00 h.

Festival de Cáritas Parroquial de Riveira e Concerto da Rondalla de Aguiño.
Auditorio Municipal.
Venres 23 de decembro, ás 20:30 h.

Entrada gratuíta ata encher aforo!
As entradas para os espectáculos do auditorio, recolleranse alí ½ hora antes das funcións.

ESPECTÁCULOS INFANTÍS

Teatro Infantil do CIM de Riveira.
Redrum Teatro “Roedores”.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Sábado 10 de decembro, ás 19:00 h.

MAXIA CON CAYETANO LLEDÓ.
“Lafayette Show”.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Lunes 26 de decembro, ás 19:00 h.

TEATRO DE CONTOS.
“O soño dos contos” de Xore Teatro.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Martes 27 de decembro, ás 19.00 h.

ENTREMANS, DANZA!
“Blondy´s Coffee-Peza soa para dúas mulleres”.
Auditorio Municipal. A partir de 6 anos!
Mércores 28 de decembro, ás 19:00 h.
Colabora a Deputación de A Coruña.

O MUNDO MÁXICO DE DUENDESICO.
“Animágicus” Ven a gozar da maxia do Nadal.
Auditorio Municipal. Todos os públicos!
Xoves 29 de decembro, ás 19:00 h.
Colabora a Deputación de A Coruña.

O MUNDO EN POESÍA de Garabato de Xogos.
“Un Nadal cheo de contos” de Tarabelos.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Venres 30 de decembro, ás 19:00 h.
Colabora a Deputación de A Coruña.

MONICREQUES DE DUENDESICO.
“Chonfli quere ser pallaso”.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Luns 2 de xaneiro, ás 19:00 h.

ARTESTUDIO TEATRO.
“Animaliños”, contacontos.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Martes 3 de xaneiro, ás 19:00 h.

CONTOS CON XORE TEATRO.
“Alborada, unha meiga moi especial no Nadal”.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Mércores 4 de xaneiro, ás 19:00 h.

Entrada gratuíta ata encher aforo!

As entradas do auditorio recolleranse alí ½ hora antes das funcións; priorizarase o público infantil (un neno/a por adulto), entregaranse 2 entradas por persoa que perderán a súa validez unha vez chegada a hora da función.

NADAL NA RÚA

Inchables variados, animación con Pai Noel, o Apalpador, Paxe Real… música, ambientación e lambetadas…

Sábado 17 de decembro.
Praza do Concello.
Horario: De 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19.00 h.

Sábado 24 de decembro.
Rúa de Galicia (zona Centro Cultural Lustres Rivas).
Horario: De 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19.00 h.

Sábado 31 de decembro.
Rúa de Galicia (zona Museo Municipal).
Horario: De 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19.00 h.

EXPRESSO DE ORIENTE

Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade, entrada gratuíta.

Sábados 17, 24 e 31 de decembro.
Saída e chegada da Praza do Concello.
Horario: De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.

Nota: As entradas colleranse na propia fila en cada viaxe.
Priorizarase un neno/a por adulto en caso de cheo.

INCHABLES DO NADAL

Inchables variados e animación musical…

Martes 27 de decembro.
Rúa de Galicia (zona Porta do Sol), de 11:00 a 13:30 h.

Mércores 28 de decembro.
Praza de Pablo Neruda, de 11:00 a 13:30 h.

Xoves 29 de decembro.
Praza de Uxío Novoneyra, de 11:00 a 13:30 h.

Venres 30 de decembro.
Praza do Centenario, de 11:00 a 13:30 h.

Luns 2 de xaneiro.
Parque García Bayón, de 11:00 a 13:30 h.

Martes 3 de xaneiro.
Palco de Pedra do Malecón, de 11:00 a 13:30 h.

Mércores 4 de xaneiro.
Parque das Abesadas, de 11:00 a 13:30 h.

Nota: En caso de choiva será no Pavillón do CEIP O Grupo de Riveira.

nReda NO NADAL

Distintas actividades para nenos e nenas na carpa do antigo Mercado Municipal
(R/ de Galicia).

23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro. 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 h.
24 e 31 de decembro, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

• 17:00 a 20:00 h: Ludoteca:
(Máximo 1,5 horas por nena ou neno ata un máximo de 20 participantes a un tempo).
• Zona de Peques (de 3 a 5 anos).
• Multiobradoiros: Manualidades, globoflexia, maquillaxe, creación de contos, adornos de Nadal, postais, cartas de Reis, etc.
• Grandes Xogos.
• Ambientacion e animación musical: Xogo, divertimento, musicalidade…
• Contacontos e outros espectáculos de pequeno formato.
• Visita de Pai Noel, Apalpador, mascotas animadas…
• Inchable Infantil.

• De 18:00 a 19:00 h: Visita do Carteiro Real. Entregará lambetadas e rifas para o sorteo que os Reis Magos farán o día 5 de xaneiro dende o balcón da Casa do Concello.

NADAL pELEGRÍn * Aproxímate ao Nadal nas Parroquias.

Espectáculo do Nadal, Carteiro Real, obradoiros e inchables visitarán as parroquias para realizar unha grande variedade de actividades, de 16:30 a 19:00 h:

16:30 h Inchables, ata as 19:00 h.
16:30 h Obradoiros infantís de globoflexia, maquillaxe e adornos do Nadal.
17:30 h Visita do Carteiro Real que entregará lambetadas e rifas para o sorteo que os
Reis Magos farán o día 5 de xaneiro dende o balcón da Casa do Concello.
18:00 h Espectáculo sorpresa do Nadal.

Corrubedo: Luns 26 de decembro (Casa do Mar e porto).
Carreira: Martes 27 de decembro (Casa da Cultura e exterior).
Artes: Mércores 28 de decembro (Pavillón do CEIP Artes).
Olveira: Xoves 29 de decembro (Pavillón de Sirves).
Palmeira: Venres 30 de decembro (Pavillón Alcalde Torres Colomer).
Castiñeiras: Luns 2 de xaneiro (Casa da Cultura e adro da Igrexa).
Oleiros: Martes 3 de xaneiro (Centro Social e exterior).
Aguiño: Mércores 4 de xaneiro (Pavillón do CEIP Heroínas de Sálvora).

PEKENADAL

Encontros de nais/pais e nenas/os onde se realizarán xogos, panxoliñas e cancións, lectura de contos de Nadal, etc.

Aula Municipal de Ballet de Riveira.
Venres 23 de decembro e venres 30 de decembro.
Horario: De 11:30 a 13:00 h.

Nenas e nenos de 0 a 2 anos acompañadas/os dun adulto.
Mín. 20 e máximo 50 participantes/sesión (25 bebés e 25 adultos).

Inscricións no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira. T. 981 835 650. * culturaefestexos@riveira.com

VISITA DO CARTEIRO REAL

O Carteiro das súas SS.MM. os Reis Magos de Oriente visitará a cidade de Riveira e as distintas parroquias do municipio para recoller as cartas de todas/os nenas/os e repartirá agasallos e caramelos.

O CARTEIRO ENTREGARÁ UN BOLETO A CADA NEN@ QUE O VISITE PARA UN SORTEO DE 3 SUPER AGASALLOS QUE FARÁN OS REIS MAGOS NO BALCÓN DO CONCELLO O DÍA DA CABALGATA. Non perdades o voso!

RIVEIRA:

Carpa do antigo Mercado Municipal: Do 23 de decembro ao 4 de xaneiro, de 18:00 a 19:00 h (agás 24, 25, 31 de decembro e 1 e 2 de xaneiro).

RESIDENCIA DOS MAIORES: Venres 30 de decembro, de 11:30 a 12:30 h.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: Mércores 4 de xaneiro, de 11:00 a 12:00 h.

PARROQUIAS: De 17:30 a 19:00 h, xunto ás actividades do “Nadal Pelegrín”.

RÚAS MUSICAIS

Concertos de grupos locais ao aire libre.

PAN DE LEÑA.
Venres 23 de decembro.
Paseo do Malecón (zona Campo de Marte), ás 18:00 h.

LITRISISTAS.
Sábado 24 de decembro.
Rúa Santa Uxía-Manuel Lustres Rivas, ás 13:00 h.

PAN DE LEÑA.
Venres 30 de decembro.
Praza de Uxío Novoneyra (zona Mariño de Rivera), ás 18:00 h.

REBANDA.
Sábado 31 de decembro.
Rúa de Galicia (zona Centro Cultural Lustres Rivas), ás 13:00 h.
CRUSH.
Venres 6 de xaneiro.
Rúa de Galicia (zona Rúa do Sal), ás 13:00 h.

Nota: En caso de choiva os concertos serán nos soportais da Rúa de Galicia ou Praza do Concello.

EXPOSICIÓNS

EU SEI QUEN SON. Cervantes IV Centenario (1616-2016).
Do 1 ao 24 de decembro de 2016.

KAIZEN. Fernando e Hugo Yáñez.
…porque a vida é un soño de cor púrpura.
Do 30 de decembro de 2016 ao 7 de febreiro de 2017.

Sala de Exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas.
Luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h.
Sábados de 11 a 14 h e de 19 a 21 h.
24 e 31 de decembro, de 11 a 14 h.
Entrada gratuíta!

BAILE DOS NOSOS MAIORES

Domingo 1 de xaneiro, ás 20:00 h.
Casa do Mar de Riveira.
Colabora o Club de Pensionistas e Xubilados do Mar de Riveira.

Venres 6 de xaneiro, ás 20:00 h.
Aula de Música de Aguiño.
Colabora o Club de Pensionistas do Mar de Carreira e Aguiño.

PISTA DE XEO

Praza de España, do 4 de decembro de 2016 ao 9 de xaneiro de 2017.

Horario Xeral:

Do 5 ao 21 de decembro, de 17:00 a 22:00 h.
Sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos:
De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 22:00 h.

Horario Especial:

24 e 31 de decembro: De 11:00 a 19:00 h.
25 de decembro: De 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 h.
1 de xaneiro: De 17:00 a 22:00 h.
5 de xaneiro: De 11:00 a 14:00 h.
6 de xaneiro: De 17:00 a 22:00 h.

Prexo xeral por unha hora de patinaxe, incluído aluguer de patíns: 6,00 € por persoa.

Colexios e grupos, do 5 ao 21 de decembro: 4,00 € por persoa (previas reserva, en horario escolar).

Información e reservas: T. 981 848 411 – pistashielo@oziona.com – www.oziona.com

CONCURSO DE ESCAPARATISMO E CONCURSO DE DECORACIÓN DA HOSTALERÍA NO NADAL

Do 18 de decembro de 2016 ao 5 de xaneiro de 2017.

Concursos de escaparatismo e decoración da hostalería no Nadal, organizados polo Concello de Riveira e a Asociación de Empresarios de Riveira cos seguintes premios:

Mellor Escaparate: Diploma e agasallo conmemorativo.
Mellor Decoración Hostaleira: Diploma e agasallo conmemorativo.
Todos os locais participantes nos dous concursos: Diplomas de participación.

Acto Público de Entrega de premios e diplomas a determinar, no mes de xaneiro de 2017.

Bases dos concursos publicadas en www.riveira.gal e www.empresariosriveira.com

Información e inscricións na sede da Asociación de Empresarios de Riveira:
Tlf. 981 873719 e correo correo@empresariosriveira.com ata o 15 de decembro.

CABALGATA DE REIS

Xoves 5 de Xaneiro, ás 17:30 h.
Saída da zona Portuaria de Riveira.
Recorrerán toda a cidade para saudar aos nenos/as dende o balcón do Concello.

Os Reis Magos sortearán 3 agasallos entre todas as e nenas e nenos que visitaron ao Carteiro real!