O mago pontevedrés Martín Camiña presentará mañá sábado 10 de decembro, ás 19:30 horas, o seu espectáculo “Feitizo” dentro do I Festimaxia Lousame, que organiza o Concello de Lousame. Unha actuación de entrada libre e de balde, que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Lousame.
“Feitizo” é un espectáculo que mestura maxia, humor e participación do público, percorrendo distintos estilos nas artes da ilusión. Manipulación de cartas, panos, xornais, billetes, cordas… serán algúns dos ingredientes deste “Feitizo”, que estarán recubertos pola música e as palabras de Martín Camiña.