O grupo de teatro da Asociación Andaina Pro Saúde Mental representou en Ordes a obra ‘O mercader de Venecia’. Unha cita organizada polo Concello de Ordes e que forma parte dos actos conmemorativos polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Unha adaptación da obra de William Shakespeare realizada polo actor e dramaturgo Fran Rey.
O programa tamen contou coa lectura do manifesto ‘Xuntos pola inclusión, sen distinción’ por parte dos usuarios e usuarias do curso de Habilidades Sociais que o Concello leva a cabo dende fai varios anos no Mesón do Vento. Ademais dun bo número de estudantes de distintos centros académicos e institutos da zona tamén estiveron presentes tamén estiveron presentes o alcalde de Ordes e a concelleira de Benestar Social, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García Gómez. Ambos recibiron un agasallo realizado polos usuarios e usuarias do curso de Habilidades Sociais, o cal consistiu nunha publicación con fotografías das actividades realizadas ao longo dos seus anos de existencia.