Monday 25 de November de 2024

O Concello de Oroso organiza un curso de monitor en actividades de tempo libre de 350 horas lectivas


O Concello de Oroso organiza un curso de monitor en actividades de tempo libre, cunha fase teórico práctica de 200 horas lectivas que serán impartidas no CEIP Sigüeiro e outra fase práctica de 14 días de actividade nun campamento ou 150 horas nunha entidade de tempo libre. Un curso que será impartido pola Escola Galega de Tempo Libre todos os sábados entre xaneiro e maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

O importe total do curso é de 250 euros, que se poden aboar todos xuntos ou en catro prazos. As inscricións poden realizarse no centro cultural de Sigüeiro e os únicos requisitos son ter máis de 18 anos e, como mínimo, os estudos de Graduado en ESO. As prazas son limitadas, polo que serán outorgadas por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oroso.

O curso está estruturado en seis partes, comezando cun área de piscosocioloxía e lexislación para pasar a unha área de animación e xogos: xogos de interior e aire libre, dinámicas de animación, grandes xogos, animación deportiva… O alumnado tamén recibirá formación en primeiros auxilios, técnicas de acampada e xogos de educación ambiental e natureza.