Un debuxo da nena Daniela Pena Hernández, de 11 anos de idade e estudante do colexio Galaxia, servirá para ilustrar o cartel de Nadal co que se vai informar da programación de actos organizados polo Concello de Riveira.
Así o decidiu o xurado do concurso de debuxo e pintura para escolares , que estivo formado polos artistas locais Maralla e Antonio Pérez, ademais do técnico municipal Unai González por delegación da concelleira de Cultural Fabiola García. Había 290 obras presentadas por nenos e nenas de distintos centros educativos do municipio.
A concelleira Elvira Pereira foi a encargada de recibir a rapaza gañadora nun acto celebrado no Concello no que se deu a coñecer a obra que a partir de agora se reproducirá no material divulgativo deste Nadal.