Friday 22 de November de 2024

A Pista de Xeo de Riveira finalmente abrirá na Praza de España o domingo ás 13 horas


Os primeira sesenta minutos serán de portas abertas

Por problemas técnicos de última hora a pista de xeo de Riveira non vai poder abrir mañá pola tarde senón que o fará o domingo ás 13 horas. Os sesenta primeiros minutos serán de portas abertas (de balde).

O horario con carácter xeral seguirá sendo:

– Do 4 ao 21 de decembro estará aberta de luns a venres de 17 a 22 horas e os sábados, domingos, festivos e vésperas de festivo de 11 a 14 e de 17 a 22 horas.
– Do 22 de decembro ao 8 de xaneiro, abrirá de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 22 horas e os sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos, de 11 a 14 e de 17 a 22 horas.

Ademais, haberá os seguintes horarios especiais:

– 24 e 31 de decembro: de 11 a 19 horas.
– 25 de decembro: de 12 a 14 e de 17 a 22 horas.
– 1 de xaneiro: de 17 a 22 horas.
– 5 de xaneiro: de 11 a 14 horas.
– 6 de xaneiro: de 17 a 22 horas.

En canto ao prezo será de 6 euros por unha hora de patinaxe. Ademais, haberá prezos especiais para colexios e grupos de 4 euros entre o 4 e o 21 de decembro (previa reserva, en horario escolar).