Saturday 16 de November de 2024

Aclaración sobre as follas informativas de gastos en auga, lixo e alcantarillado enviadas a fogares de Riveira


Moitos veciños do municipio que teñen domiciliados os seus recibos dos servizos de auga, lixo e alcantarillado están a recibir estes días nos seus fogares unha documento no que se detallan o importe de tales gastos.

O Concello de Riveira quere aclarar que este documento é meramente informativo e que o procedemento de abono de tales servizos é o habitual e nos períodos acostumados.

O feito de ter facilitado esta información responde a unha inquietude veciñal, especialmente de aqueles que non están familiarizados co uso da administración electrónica. A este respecto, cómpre lembrar que están está dispoñibles tamén no portelo dixital do Concello no apartado Consulta de Recibos, podéndose acceder con certificado dixital ou DNI electrónico:
https://ventanilla.riveira.es/index.php?id=recibos