Comezará na tarde do sábado con 60 minutos de portas abertas
A pista de xeo que se está a instalar na praza de España de Santa Uxía de Riveira xa ten datas de funcionamento. Estará aberta dende este sábado 3 de decembro ata o 8 de xaneiro.
A pista abrirá as súas portas este sábado ás 18 horas e os primeiro sesenta minutos serán de portas abertas (de balde).
O horario con carácter xeral é o seguinte:
– Do 3 ao 21 de decembro estará aberta de luns a venres de 17 a 22 horas e os sábados, domingos, festivos e vésperas de festivo de 11 a 14 e de 17 a 22 horas.
– Do 22 de decembro ao 8 de xaneiro, abrirá de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 22 horas e os sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos, de 11 a 14 e de 17 a 22 horas.
Ademais, haberá os seguintes horarios especiais:
– 24 e 31 de decembro: de 11 a 19 horas.
– 25 de decembro: de 12 a 14 e de 17 a 22 horas.
– 1 de xaneiro: de 17 a 22 horas.
– 5 de xaneiro: de 11 a 14 horas.
– 6 de xaneiro: de 17 a 22 horas.
En canto ao prezo será de 6 euros por unha hora de patinaxe. Ademais, haberá prezos especiais para colexios e grupos de 4 euros entre o 3 e o 21 de decembro (previa reserva, en horario escolar).