Friday 22 de November de 2024

Touro acolle o próximo domingo 4 de decembro o seu XVIII Slalom Concello de Touro, que cumpre a maioría de idade


Touro acolle o próximo domingo, día 4 de decembro, o seu XVIII Slalom Concello de Touro. A proba automovilística puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2016 cumpre a súa maioría de idade. O circuito da proba, organizada pola Escudería Touro Motor e patrocinada polo Concello de Touro, será sobre asfalto e está ubicado nas rúas de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Os organizadores confían na afluencia tanto de pilotos e escuderías de toda Galicia como de afeccionados ao automovilismo.
A proba comenzará o domingo día 4 coas verificacións administrativas. Ás 10.00 horas procederase ás verificacións técnicas. A presentación dos pilotos no parque pechado e a publicación da lista dos pilotos que tomarán a saída está prevista para as 12.00 horas. Ás 12.30 horas procederase a iniciar a saída dos participantes dos adestramentos. A saída da primeira manga oficial é ás 15.00 horas. Ao seu remate comenzará a saída da segunda manga oficial. Ao finalizar esta manga publicaránse os resultados e a entrega de premios está prevista para as 21.00 horas.
O slalom de Touro forma parte dun ampla oferta de actividades deportivas que celebra anualmente o Concello, nun elevado número de casos ao aire libre. “Estamos satisfeitos da participación dos veciños e dos profesionais que, cada vez en maior número, acuden a participar nas probas que organizamos”, afirma el alcalde del municipio, Ignacio Codesido, quen espera unha numerosa afluencia de público durante o XVIII Slalom Concello de Touro.