O Concello de Riveira informa de que xa foi aprobada en xunta de goberno local a resolución das achegas á escolarización destinadas a material didáctico, transporte e comedor para o curso académico 2016 e 2017.
A listaxe de beneficiarios destas becas outorgadas pola Concellería de Servizos Sociais está publicada na páxina web www.riveira.gal no apartado de taboleiro de anuncios. De acordo coa devandita resolución, concedéronse 72 axudas para material didáctico, 17 becas de transporte e 25 para comedor.
Esta axudas á escolarización do alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos do municipio tiñan como obxectivo primordial a inclusión social dos nenos e nenas empadroados e residentes en Riveira, susceptibles de atoparse en situacións de exclusión social ou con menos recursos económicos.
A partida económica habilitada para estes conceptos ascendeu a un total de 35.000 euros.