Os pais e nais poderán facela inscrición do 28 de novembro ao 9 de decembro de 2016 (ambos inclusive)
O Concello poñe en marcha un ano máis o Programa de conciliación da vida laboral e familiar no Nadal “Xogando no Nadal 2016”, no que os escolares poderán participar en actividades lúdico
deportivas e culturais deseñadas para o alumnado de Educación Infantil (3 a 6 anos), toda Educación Primaria e 1º da ESO. Os pais e nais poderán facela inscrición do 28 de novembro ao 9 de decembro de 2016 (ambos inclusive). E terán que entregar a solicitude de inscrición (segundo modelo normalizado) en calquera dos rexistros de entrada do Concello de Cambre
Terán preferencia, en primeiro lugar os empadroados no Concello de Cambre, en segundo lugar os que o seu pai,nai ou titor traballe no termo municipal de Cambre (que deberá xustificalo no momento de entregar a solicitude de inscrición cun escrito da empresa onde figure a dita situación) e as prazas valeiras poderán ocupalas veciños/as doutros municipios.
Datas e lugar de realización:
1ª quenda: días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2016
2ª quenda: días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2017
Haberá sorteo de prazas, no caso de haber máis solicitudes que prazas, o día 13 de decembro de 2016 ás 12h nas oficinas de Educación do Concello de Cambre, sitas na Barcala. Para saber se o solicitante está admitido deberase chamar ao número de teléfono 981 613 291, a partir do día 14 de decembro.
As baixas solicitaranse por escrito no rexistro municipal ou na dirección de correo: educacion@cambre.org os días 15 e 16 de decembro de 2016, logo destas datas non se admitirán baixas salvo causas de forza maior e debidamente
xustificadas.