Thursday 21 de November de 2024

Máis un cento de persoas, entre maiores e familiares, desfrutaron dunha festa do magosto no Centro de Día de Lousame


Máis dun cento de persoas, entre maiores e familiares, participaron nunha festa do magosto no Centro de Día de Lousame. Un evento ao que tamén se sumaron algúns alumnos e alumnas dos Obradoiros da Memoria. A festa contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e do concelleiro de Urbanismo, Ramón Martínez, que agradeceron a gran participación rexistrada neste magosto.

Os maiores comezaron a festa cunha actuación musical a cargo do grupo de gaitas “O son do Pote”, de Tállara (Lousame) e non foron poucas as que se animaron a botar unhas bailas e mesmo a interpretar algunhas cancións que lembraban da súa nenez. Tras unha hora de música mentres se ían preparando as castañas, os presentes trasladáronse a outra sala do centro de día onde desfrutaron dunha merenda a base de castañas, acompañadas por galletas, patacas fritas, rosca, zumes e refrescos.