O Concello de Riveira está a conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero e con tal motivo se está a desenvolver un Festival de Cultura Urbana na praza consistorial que está a gozar da aceptación de numerosos mozos.
Obradoiros de DJ, grafitti, parkour, rap, trucker ou beatbox están a servir para lanzar de paso unha mensaxe reivindicativa en contra da violencia machista.
Este mesmo espazo serviu de espazo para a lectura dunha declaración institucional segundo o decidido no pleno da noite pasada que se encargou de ler o alcalde e contou coa presencia de edís dos distintos grupos da Corporación.
Ademais, tanto a praza do Concello como a rúa Galicia dan cabida a dúas mesas informativas para sensibilizar aos veciños de todas as idades sobre a importancia de erradicar unha problemática que, en palabras do manifesto lido polo Alcalde, “debe converterse nun asunto de Estado”.