Friday 22 de November de 2024

O Goberno local presenta os Orzamentos de 2017, participativos, esixentes e sociais


Ascende a 16.617.004 euros o que presente un incremento respecto ao 2016 do 2,34 %

O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, presentou hoxe os orzamentos de 2017 que pensa aprobar o vindeiro día 12 de decembro nun pleno extraordinario que foi convocado este mesmo día. Segundo García Patiño, trátase dun orzamento xeral que está equilibrado en gastos e ingresos, sendo o seu importe de 16.617.004,18 € o que representa, en termos xerais, un aumento dun 2,34% % respecto do orzamento do exercicio 2016. “Apostamos polas areas mais sensibles e que os nos veciños mais demandan. xuventude, deportes, cultura, servizos sociales, transparencia e participación son incrementadas para acercar os cambreses e cambresas ó noso concello”

Por primeira vez en moitos anos o Concello poderá ter aprobado un orzamento antes de o 1 de xaneiro xa que dende agosto traballouse neste documento co maior rigor posible e cunha campaña de participación na que as propostas de asociacións e veciños foron decisivas. “Decidimos que tiñan que ser os veciños os que decidiran o que se tiña que facer é un orzamento froito do traballo e non da improvisación. Por primeira vez fixeronse uns orzamentos 100 % participativos. Demos un paso mais para que fosen os veciños os que decidiran as inversions, xa que no primeiro ano falouse coas asociacións e cos grupos da Corporación, pero fomos mais alo e puxemos en marcha a campaña decidamolo xuntos que recibiu 293 propostas de inversión e 626 propostas de mellora, arranxo ou queixas dos servizos. Participaron 360 veciños y 13 asociacions de veciños fixeron chegar as súas propostas.

García Patiño apuntou que son unhas contas esixentes porque obrigan a políticos e técnicos a traballar arreo dende o 1 de xaneiro para acadar unha completa execución do orzamento.

Por outra banda, a diferenza doutros anos, o orzamento do 2017 contempla unha serie de actuacións en todas as parroquias do municipio. “Este documento non da a espalda a ningunha das nosas parroquias porque entendemos que invertindo nelas invertimos en calidade de vida para os veciños”.

INVERSIONS

No capítulo de inversións priorizamos as demandas en canto a inversión que nos achegaron os veciños a través da campaña de recollida de propostas. O seu importe é de 2.022.083,75 €, o que supón un 12,17% do orzamento. Aumenta nun 6,59% respecto o exercicio anterior.

A novidade neste capitulo foi a creación do programa “decidámolo xuntos” no que ademais de escoitar as aportacións dos grupos municipais e asociacións, por primeira vez no concello de cambre abriuse este capítulo ás propostas dos veciños. Neste capítulo aparecen consignados os créditos que irán adicados á realización dos investimentos que aparecen detallados no anexo de investimentos que se acompaña.

CON AXENTES FINANCIADORES EXTERNOS: IMPORTE
Acondicionamento aparcadoiro na Barcala 60.000,00
Pavimentación nas parroquias de Cambre, Bribes e outras 257.771,01
Saneamento na parroquia de O Graxal, Cecebre e outros 114.741,71
Alumeado nas parroquias de O Graxal e outros 68.971,27
Novo parque na parroquia de Cela e actuación na súa contorna 30.000,00
Reformas do parque infantil Francisco Rodriguez. (Foaya) 35.000,00
Auditorio de Cambre. Primeira anualidade. 450.000,00
Reforma de parque e reforma da pista polideportiva da Barcala 140.000,00
Nova pista multideporte no parque Ramón Barba. Temple 30.000,00
Rede Ciclista da Área Metropolitana da Coruña. Concello de Cambre 218.599,76
Reposición dos paneis informativos na parroquia do Temple 30.000,00
TOTAL 1.435.083,75

Tamén hai que ter en conta outras inversións que se pretende financiar mediante un expediente de novación de préstamo que se elevará ó pleno no primeiro trimestre de 2017:

Inversión en local social Meixigo. segunda fase. 30.000 €

Inversión local Sigrás 30.000 €

Áreas recreativas e parques biosaludables rio mero 60.000 €

GASTO CORRENTE

O gasto corrente ascende a 7.047.384,97 €, o que en termos porcentuais supón o 42,42%. Auméntase con respecto ó orzamento 2016 en un 6,54 %. Este importe ven xustificado polas necesidades do concello na licitación de contratos xa efectuadas coma axuda no fogar asi como alguns a afrontar este ano coma limpeza viaria.
Prodúcese un aumento en gastos de proxectos e planificación co obxeto de presentar proxextos integrais de abastecimiento, saneamiento, asfaltados e alumeados.

Realizaranse proxectos de mellora da seguridade viaria para Cecebre (de Quintán o Apeadeiro) ademáis dos que xa están en marcha como A Casilla e A Xira.

Tamen invertir nun plan de movilidade e unha valoración do ciclo da auga.

Auméntase as partidas de servizos sociais con novas actuación coma o Programa Prisma ou o Concilia Tarde.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Consígnase neste capítulo unha cantidade de 1.064.999,98 €, que supón un 6,41 % do importe do orzamento co fin de facer fronte ás subvencións por becas de estudio, axudas por emerxencias sociais, festas parroquiais e patronais, asociacións deportivas e culturais, entidades supramunicipales así como a outras entidades consignadas nominativamente no orzamento.

Destacan neste capitulo a cantidade para emerxencias sociais que se aumentan nun 6,67%, as bolsas de estudo nun 33,33%, as bolsas para deportistas nun 20% asi como o mantemento do programa mañanceiro ou o Cambre Emprende.

DEUDA FINANCIEIRA

Consígnase unha cantidade de 532.524,14 € o que implica un 3,13 % do orzamento co fin de dar cobertura á carga financieira das amortizacións de capital dos préstamos vixentes no exercicio 2017 asi como a amortización anticipada do pai da excma. Deputación da Coruña. Destacou que este ano amortízase máis capital do que se solicita, unicamente a achega do PAI sen acudir a ningún préstamo do sector privado.