Friday 22 de November de 2024

O IES Afonso X O Sabio participa en Santiago nunha xornada para falar da súa experiencia em proxectos europeos


O vindeiro día 26 de novembro terán lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela unhas xornadas sobre Proxectos Europeos, e o IES Afonso X o Sabio foi invitado a participar pola súa larga traxectoria de participacións en ditos Proxectos, actualmente estanse desenvolvendo dous simultaneamente, un como país socio “Horizon to the future” e outro como país organizador, “Conflict Resolution for Better School Managament” no que traballamos a mediación escolar para resolver conflitos na comunidade escolar.

Con tal motivo, dúas profesoras do centro, Beatriz Alonso Pérez-Dávila e Olga Varela Vázquez impartirán un obradoiro chamado “Os programas europeos na Educación Escolar” onde contarán a súa experiencia na organización deste tipo de programas, e participarán na mesa redonda que terá lugar a continuación.

Este feito significa un recoñecemento ao traballo desenvolvido no centro e anima á comunidade educativa a continuar na mesma liña.